Visitas desde:

En liña:

  • 0 Usuarios
  • 3 Convidados

Arquivo

Onde mercan os larpeiros

Presentación o sábado 17 de decembro ás 19:00 na praza de Abastos.

Un percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe, unha festa de sabores e recendos na que non falta o humor

Os moitos seguidores de ‘Larpeiros’, eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra.

Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia toda na procura dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas…, unha festa para os padais máis esixentes…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

1 comment to Onde mercan os larpeiros

Para poder enviar un comentario debes loguearte primeiro.