O próximo día 21 presentaremos as duas últimas obras de Riveiro Coello.
- O libro infantil “O paso do esquecemento” editado polo Centro da Cultura Popular do Limia.
- A novela “Laura no deserto” editada por Galaxia.
Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.
En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.

















- 
Xa podedes ver no facebook as fotos da presentación. Todo un éxito de público e familiaridade.
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=257824924289385&set=a.257824540956090.62151.201636469908231&type=1&theater
Neste enlace podedes ver unha crítica moi boa deste libro
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/12/laura-no-deserto.html