Disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.

















- 