Eventos

Visitas desde:

En liña:

  • 0 Usuarios
  • 4 Convidados

Arquivo

1º Concurso de micro-relato Aira das Letras

BASES

1.- O relato terá, como máximo, 170 palabras en galego.

2.- A temática será fantástica, tomando como referencia “o xigante de Magarelos” (persoa real que viviu en Allariz). Neste enlace podedes ver un video novelado que se fixo sobre el.

3.- Prazos

  • Durante o mes de xullo colgaremos as bases.
  • No mes de agosto poderedes colgar os relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web.
  • No mes de setembro serán as votacións. Haberá dous premios:
    • Premio do público. A xente poderá votar os relatos na páxina web.
    • Premio do xurado.
  • A primeiros de outubro coñeceranse os gañadores.
  • Na Semana do libro de Allariz (ponte do 12 de outubro) entregaranse os premios.

4.- Premios

Premio do público.

  • Cesta con produtos de Allariz
    • Embutidos de Vilaboa.
    • Queixo do Rexo.
    • Licores e repostería alaricana.
  • Lote de libros.

Premio do xurado.

5.- Só se permitirá un relato por persoa. Hai que poñerlle título. O autor cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do autor.

6.- Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión e, se non o fixese, á organización do certame. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.

* a data de reseva dependerá da dispoñibilidade de camas.

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

3 comments to 1º Concurso de micro-relato Aira das Letras

Para poder enviar un comentario debes loguearte primeiro.