Monchiño está contento, vén de escribir unha carta á familia: o espectáculo estará este ano nas festas de San Bieito en Allariz.
Ao chegar móntanlle a caseta, pero esquecen pechar a porta coa carabilla. Monchiño escoita as gaitas e entre as táboas guicha os xigantes e cabezudos; cando pasan ao carón del decide saír e incorporarse á ruada. Que felicidade poder ver de novo Allariz (a Barreira, San Estevo, a praza do concello, a ponte, a alameda, ···) e pasar totalmente desapercibido!
Cando pasan outra vez pola barreira, Monchiño agóchase de novo, pero na caseta hai dúas persoas esperándoo: son seus pais que veñen para darlle unha grande aperta despois de catro anos sen velo.
O xigante cóntalles a decisión de quedar en Allariz e traballar bailando coa xiganta no festival de xardíns; como a porta segue aberta a familia decide marchar a Magarelos e así Monchiño deixa definitivamente o espectáculo para volver á súa terra.

















- 