Visitas desde:

En liña:

  • 0 Usuarios
  • 1 Convidado

Arquivo

Medida estándar

Non é doado escapar dunha vida mísera, escura e sen futuro. Ramón, o xigante de Magarelos, tentouno incorporándose ao exército.

Cando chegou ao centro de recrutamento correspondeulle pasar o recoñecemento médico e dada a súa altura, estraña para a súa época, e o aspecto desgarbado, os doutores dubidaron da súa configuración física adecuarse a unha vida guerreira.

Ficou aquela noite na enfermaría do cuartel á espera de probas, medidas e un diagnóstico definitivo. Deitouse con dificultade pois debido a súa corpulencia, as súas pernas batían contra o pé da cama.

A incomodidade e a estrañeza do leito unido á limitación do seu tamaño provocaron un movemento excesivo do Ramón e uns repetidos golpes inconscientes contra o armazón da cama que acabaron con toda ela desmontada e o Monchiño durmindo no chan sobre o simple colchón.

Na mañá seguinte os médicos ao contemplaren semellante panorama, declararon inmediatamente a súa inutilidade para o exército.

Así rematou a primeira tentativa do Xigante de Magarelos de dar a volta ao seu triste destino.

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Para poder enviar un comentario debes loguearte primeiro.