Din que o Monchiño morreu na cadea mais en Magarelos todos saben que non foi así. O xigantón foi liberado por un seu curmán, logo de subornar aos carcereiros cos cartos gañados no “espectáculo”. Nunha noite sen lúa os dous curmáns marchan a Vigo onde o Monchiño embarca de polisón con rumbo africano.
No cadaleito soterrado do “suposto” Monchiño, entre cento cincuenta quilos de pedra do país, hai unha vella, engurrada e despintada postal co retrato dun negro en taparrabos sostendo nas mans un escudo e unha lanza. Na traseira o seguinte texto: “Guerrero de la tribu africana de los masai. Destacan por su gran estatura, superior a los dos metros“.

















- 
Non sei se o estou facendo ben. De ser así comunicádemo.
relato e autor: O cadaleito do Monchiño, Eladino Cabanelas Fdez.
Saúdos,