Eventos

Visitas desde:

En liña:

  • 0 Usuarios
  • 4 Convidados

Arquivo

Última película ou documental

Podes recomendarnos unha película ou documental que viras recentemente.
Se queres que apareza a túa foto, só tes que rexistrarte en Gravatar.

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

20 comments to Última película ou documental

  • Mila

    Unha recomendación para os que se cansan, coma min en ocasións, da velocidade de vertixe das películas de acción: “This must be the place”,de Paolo Sorrentino. Marabillosos Sean Penn e Frances Mac Dormand ( por certo, traducírona ao español por ” Un lugar donde quedarse”. Mal feito…).
    Se non vos é moito incordio,recomendo o visionado en V.O. subtitulada ( se entendedes inglés, sen subtítulos, claro. Afortunados que sodes!).

  • xoanxo

    “Almanya. Bienvenidos a Alemania” de Yasemin Samdereli.
    Película turca sobre a emigración deste país a Alemania, pero que ben puidera ser galega, a fuxida a outro país para saír da pobreza, a morriña, o desexo de volver e facer unha casa na aldea, os fillos que no se sinten turcos,etc.

  • xoanxo

    No día da muller a película da directora e actriz libanesa Nadine Labaki, “¿Y ahora a donde vamos”, titulo orixinal “Et maintenant, on va oú?”.

    A historia de como as mulleres dun pobo libanés onde conviven crisitián e musulmáns evitan a guerra entre os seu maridos por motivos relixiosos.
    Directora tamén doutra xoia cinematográfica “Caramel”.

  • tatinger

    The fantastic flying books of Mr Morris Lessmore curtametraxe de animación gañadora do Oscar 2011.

    A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse na súa lectura. COUSA BONITA.

  • Mila

    Recoméndovos a película “El concierto”, do director francés de orixe romanesa Radu Mihaileanu.

    Conta a historia dun director de orquestra que na época de Bresnev é cesado do seu posto como director da orquestra do Bolshoi por negarse a expulsar os músicos xudeus. 30 anos despois, cando está traballando no mesmo teatro como limpador, o destino fai que poida volver dirixir a súa orquestra no teatro Chatelet de parís.

    Escrita en clave de comedia, cuns golpes de humor bárbaros, a película lévanos do sorriso á gargallada pasando polas bágoas …con Tchaikosvki en todo o seu esplendor!
    Unha película preciosa.

  • Lhosca

    Estes días estivem vendo um desses filmes dos que havería que dizer que som “filmes que curam”. Se te sintes dentro dumha jaula e queres sair… quiçais este filme che poida ser de ajuda, se ademais gostas da música, tes outro motivo para nom deixar de ve-lo.

    Cuatro minutos” filme alemán de Chris Kraus.

  • Mila

    Boas a todos.
    Vouvos recomendar unha película que lle collín ao Víctor no video-club e que me pareceu fermosamente conmovedora: “Dioses y hombres” (na súa tradución ao castelán) de Xavier Beauvois. Narra os últimos (?) días dunha comunidade de monxes cistercienses franceses nun pobo de Alxeria. Penso que transmite, dun xeito elegante e harmonioso, a tolerancia, o compromiso, a amizade, a solidariedade …sen importar credos nin posicionamentos teolóxicos. Unha xoia nos tempos que corren. Apta para todos os públicos -agás aqueles que necesitan ritmo frenético para manter a atención!

    Se o levades ben, recomendo vela en francés (v.o.) subtitulada.
    Unha aperta cinéfila.

  • Mila

    Ola a todos.
    A miña recomendación non é un filme, nin un documental …pero como non hai un espazo para outros espectáculos, déixoa aquí:

    Veño de ver no auditorio de S. Francisco, en Ourense,”Baile de soños”, da compañía Circio. Cinco bailaríns e seis músicos que poñen en escena unha auténtica marabilla: a música e o baile tradicionais vistos dende unha sensibildade contemporánea. O resultado: unha hora no paraíso dos sentidos. Se os vedes anunciados por Galicia adiante, non os perdades. No medio da mediocridade reinante no mundo da música e o baile, estes mozos brillan na galaxia de Galicia. Impresionantes!

  • Paula

    Lhosca, grazas pola recomendación. Marabillosa!!!

  • Lhosca

    Se gostas da música, do baile, das viagens, da mestizagem cultural, um filme para nom deixar passar é, Latcho Drom de Tony Gatlif. Conmovedora!

    O filme narra o percorrido nómada do povo cigano desde a India até Espanha.

  • Aira das Letras

    Eva. Película moi interesante para ser dun director nobel cunhos efectos especiais espectaculares.

  • Aira das Letras

    «Lendas Vivas» Santa Mariña de Augas Santas

    A través dunha figura feminina, Mariña, mártir e santa que soportou terribles tormentos ante o acoso constante do precepto romano Olibrio, descubriremos unha fascinante lenda de carácter relixioso e animista vinculada a lugares de curación da natureza onde as árbores, as pedras e sobretodo as augas son santas.

    En V televisión, podes ver este documental.
    http://www.vtelevision.es/programas/lendasvivas/2011/10/30/0031_63_105780.htm

  • Xoanxo

    “Son of Babylon”, película gañadora do último festival Amal de cine árabe de Santiago, de Mohamed Al Daradji.

    Dura película irakí que narra a busca por parte dun neno kurdo e súa aboa do seu pai preso nas cárceres de Sadam inmediatamente despois da caída do réxime. Mostra a crueldade a que pode chegar o ser humano na tiranía e na guerra.

  • Xoanxo

    Dentro do último festival de cine independente de Ourense acabo de ver “Siberia monamour”. Narra a dura vida dos habitantes dunha aldea da taiga siberiana. A obra é unha maravilla estética e de narración que reflicte a deshumanización da Rusia actual.

  • Santiago

    A miña recomendación trátase dunha película. “Balzac y la joven costurera china”. Trátase da hitoria de dous rapaces, que na China de Mao son enviados a traballar a unha aldea nas montañas para cumprir co proceso de reeducación. Aló coñecen a unha pequena costureira chinesa, a vida do campo, e os valores da amizade. É unha película preciosa.

  • O último filme que vin foi en realidade a tríada fílmica “Triloxía de Apu” (1956-1960), do director hindú Satyajit Ray, coposta polos filmes “A canción do camiño (Pather Panchali)”, “O invencíbel (Aparajito)” e “O mundo de Apu (Apur Sansar)”. Aínda que sexan tres títulos, a obra é un todo que conta a historia de Apu, dende que é un neno nunha aldea da India até as calamidades da súa vida adulta, pasando por unha pobre infancia en Benarés e unha adolescencia na que descubre o pracer pola escritura. O filme, ademais da fermosa historia que vai degrañando coma un poema audiovisual, constitúe un documento antropolóxico incríbel, retratando os xeitos de vida e costumes desa zona do planeta, dende a vida diaria até cuestións espirituais, supersticións, sociedade e xénero… Sen dúbida, recoméndovos unha obra da cal Kurosawa chegou a dicir que non vela é como “existir neste mundo sen ter visto o sol e a lúa”. Está editada na súa versión orixinal subtitulada, polo que a inmersión no mundo de Apu é case total.

Para poder enviar un comentario debes loguearte primeiro.