O único que che pedimos, para ser Amigo da Libraría, é que nos deixes un correo electrónico. Dito correo só o utilizaremos para a comunicación de actividades, novidades e ofertas que realicemos.
Ficha de Amigo da Libraría
Ao ser amigo obtés as seguintes vantaxes:
Vantaxes nas compras na nosa libraría:
- 5% de desconto en libros e láminas.
- Reserva de libros de texto (en campaña escolar) e o seguinte desconto:
- 7% de desconto nos libros de texto da educación obrigatoria.
- 5% de desconto nos libros de texto da educación non obrigatoria (a lei do libro non permite facer máis desconto nestes últimos).
- 10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% . Entendemos por familia os pais, fillos e avós.
- Envíos con portes gratuítos. Picade aquí para ver as condicións.
- Ofertas especiais, agasallos, sorteos…
Vantaxes en empresas “Amigas” presentando o carné de Aira das letras:
- Gaia lar: tenda de decoración e interiorismo que che fai un 5% de desconto nas compras (non acumulable a outras promocións).
- Torre Lombarda: casa rural que che fai un 10% de desconto a ti e aos teus amigos en tempada baixa (non acumulable a outras promocións). Esta oferta tamén é válida para os membros da Mesa.
- Bharati Píntega: especialista en tratamentos Ayurvédicos. Faravos durante este 2012 un desconto de 3 euros nos tratamentos de beleza faciais e corporais e un 5% de desconto nos produtos que vende alí. E como oferta de arranque creou unha masaxe especial de espalda para os amigos da libraría por 20 euros (as condicións xa volas explica ela).
- Belomonte 20: edificio restaurado sito no casco histórico de Porto (preto da bolsa) que conta con varias habitacións en formato estudo (con cociña). 20% de desconto nas reservas. O protocolo será o seguinte:
- logo de facer a reserva (pago do 40%) enviar un correo a portobooking@gmail.com coa seguinte información: nome do que reserva, días de reserva, nome da habitación/estudo, número de móbil e o código airadasletras 2012. Ao chegar alí presentaredes a tarxeta de amigos e xa se vos fai o desconto pactado, descontándoo da cantidade pendente de abonar.
- Libraría Páramo: libraría especializada na compra-venda de libro antigo, raro e descatalogado sita na Villa de Urueña. Se vas co carné de amigo da libraría faranche un 10% de desconto.
- Antela Saúde: é un centro de saúde, beleza e benestar no barrio do Couto, na cidade de Ourense. Conta con servizos de Fisioterapia, Fisioestética, Logopedia, Podoloxía, Pilates, Ximnasia Abdominal Hipopresiva, Ximnasia para a 3ª idade e Obradoiros de Memoria. Todos os nosos servizos están integrados e permiten que cada persoa encontre solucións ás súas necesidades dunha maneira multidisciplinar. O noso horario é de luns a sábado de 8h30 a 21h30. Presentando o carné 15% de desconto en todos os servizos.
- Clínica veterinaria Da Costa. En Setembro de 2006 abrimos as portas dunha clínica veterinaria diferente, orientada ao benestar dos nosos animais de compañía co obxectivo de brindarlles unha saúde óptima para poder compartir con eles unha vida feliz. Agora, para os amigos e amigas da libraría, ofrecemos un 10% de desconto en todos os servizos (consultas, probas diagnósticas, cirurxías, perrucarías…)
En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos persoais quedarán incorporados en ficheiros responsabilidade de Aira das Letras S.L. rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de achegarlle información sobre novos produtos, promocións e demais novidades do seu interese; asemade, poderá beneficiarse de descontos nos produtos que adquira.
Os datos que se lle solicitan resultan necesarios, de maneira que de non facilitalos non será posible a prestación do servizo requirido; neste sentido, vostede consente expresamente a recollida e o seu tratamento para a citada finalidade.
En todo caso, pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á sede social, sita en R/ Emilia Pardo Bazán Nº 5 Baixo, Allariz, CP 32660.
Rogámoslle que no suposto de producirse algunha modificación nos seus datos persoais, nolo comuníque co fin de manter actualizados os mesmos.














- 
[...] Faite Amigo [...]
[...] Faite Amigo [...]