Para publicar no espazo da web que a Libraría Aira das Letras ofrece aos seus amigos, debes facer o seguinte:
- Debes rexistrarte na web, para iso abonda indicar un nome de usuario e un email. Enviaráseche un contrasinal ao correo electrónico facilitado. Rexistrarse na web implica aceptar ser Amigo da Libraría e os Termos e Condicións de Uso.
- Debes loguearte na web (entrar mediante o teu login, é dicir, empregar o teu nome de usuario e contrasinal). A isto tamén se lle chama “Iniciar sesión”. A entrada da web para iniciar sesión está situada no apartado “Meta” abaixo ao final da columna dereita.
- Unha vez logueado, terás aceso a un panel de administración específico. Vai ao apartado: Artigos / Engadir novo.
- Escribe a información que desexes enviar á web, título e contido. Ao rematar preme en “Publicar“. Automáticamente o texto enviado irá ao apartado reservado para os amigos da libraría.
- Comproba que a información foi publicada na web e listo.











- 