Eventos

Visitas desde:

En liña:

  • 0 Usuarios
  • 3 Convidados

Arquivo

CADERNO MICRO-RELATOS. AMPLIACIÓN PRAZO

[ 8 de Outubro de 2012 13:00 a 21 de Outubro de 2012 13:00. ] Estamos valorando a posibilidade de facer un caderno cos micro-relatos,  financiado pola vía do mecenado. Aqueles artistas que queirades participar cunha ilustración, debuxo, foto… (en branco e negro) enviade un correo a microrelatoxigante@yahoo.com. Ler máis…

Sol e vento

O Xigante de Magarelos, Monchiño lle decían, foi un malpocado máis dos que vagan por estes lares, ao que a vida lle quitou máis do que lle deu. Agraciouno con altura, pero tamén con amargura. Pensou que podería coñecer mundo, e foi o mundo o que ollou para él. A gaiola devecía por días, pero a [...] Ler máis…

Inda morto

Non sabía moito sobre o xigante. Collín o caxato e fun andando cara Magarelos.Nunha casa esborrallada, a sombra dunha parra, estaban sentadas 2 mulleres vellas coa ollada sostendo 80 anos de vida dura. De pé un home de 50 anos sostendo o seu bandullo hipertrofiado e un bigote de fai 30 anos. – Boas tardes, vai [...] Ler máis…

MEMORIAS CERTAS DE RAMÓN FERNÁNDEZ PÉREZ

Chámome Ramón Fernández Pérez e no intre de escribir estas memorias non sei os anos que teño, porque nacín dúas veces e non morrín ningunha. Na miña casa de Magarelos somos dous irmáns, un pai que marchou para Cuba e unha nai que andou a pedir esmola. De tanta fame que pasei empecei a medrar ó [...] Ler máis…

O primeiro galego na NBA

  Como unha bandeira que ondea no cumio dunha montaña, o Xigante flameaba na cima de Magarelos, vendo todo o val de Allariz. Ninguén estaba seguro de porqué un rapaz tan alto nacera tan lexos do lugar donde triunfan tódolos altos, a NBA. Uns decían que ía ser o primeiro galego na gran liga americana, outros [...] Ler máis…

O CORAZÓN DOS HOMES

O Mochiño xa de cativo, andou percorrendo na compaña de súa nai, todos os doutores de aquí de acolá, na procura dun remedio que puxera fin a súa doenza; pero que ninguén lle soubo atopar. Era el neniño de moi grande corazón, tanto, que o que crecía dentro do seu peito, dicían os galenos, que como [...] Ler máis…

RÉQUIEM POLO XIGANTE DE MAGARELOS

Apreixado de mans e pés, un descomunal corpo era agarimado por un episodio espasmódico, estado convulsivo sincronizado coa fervenza da derradeira inspiración.   Sete bocalladas mergulladas no baleiro dunha expiración forzada e sonora, evasiva estrondosa e perturbadora, non existía dúbida, a dona do espírito moura xa acompañaba ao xigante no seu leito.  Invasión de tristura nun físico que [...] Ler máis…

O Monchiño, o Terriña e o xílgaro

O Monchiño, o xigante de Magarelos, tremía se pensaba que os seus dous metros e trinta e cinco centímetros estiveran a piques de se alistar naquela guerra do 1936 de número maldito. Menos mal que o declararan inútil por exceso de estatura. Alí, na fronte, matabas ou matábante. Aquí, só mataban. O Monchiño arrepiaba. Deprimíase. Por [...] Ler máis…

recordar un recordo

      Aínda cos ollos entreabertos, a piques de quedarme durmida ollaba para o tío Manolo.Como cada ano polo verán, acostumaba  a relatarme as súas aventuras de mozo no pobo: ” Eu, era amigo  do Xigante de Magarelos”, comentaba con ton arrogante mentres daba unha chupada o ducados que tiña entre mans.      Xuntàbamonos [...] Ler máis…

Os interiores de Moncho

A altura indica excelencia, dignidade, categoría… por iso din que hai que saber estar á altura das circunstáncias. Así e todo, ninguén foi quén de apreciar a túa singularidade. Solitario incomprendido, o fermoso agasallo que che fixo a natureza, foi admirado como espantoso prodixio, mesturando sentimentos de envexa, asombro e pavor, polo formidable poder da túa superioridade. Qué [...] Ler máis…

Páxina 1 de 41234