Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Picando aquí podes ler algunha páxina do libro. Ler máis…
A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios. Picando aquí podes ver o libro por dentro. Ler máis…
Un texto divertido, mordaz e crítico cos lastres da superstición, da ignorancia e da explotación das persoas. Sobre as peripecias dun home do século XIX que se atopa de súpeto na Inglaterra da Alta Idade Media, nunha sociedade atrasada e desigual. Picando aquí podes ver parte do libro. Ler máis…
Unha das novelas máis sobranceiras da literatura norteamericana contemporánea que, a través do personaxe do Sueco Levov, cuestiona os valores da sociedade estadounidense nos anos 60, coa guerra de Vietnam como pano de fondo. Picando aquí podes ver parte do libro. Ler máis…
No “binomio fantástico”, as palabras non quedan prendidas no seu significado cotián; son liberadas das cadeas verbais das que decote forman parte, son “descontextuahzadas”, ‘estrañadas’, lanzadas unha contra outra baixo un ceo descoñecido. Entón, atópanse nas mellores condiciáns para xerar unha historia. “Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para [...] Ler máis…
Uxue Alberdi (texto) Aitziber Akerreta (ilustración) M. Rodríguez (tradución) Invertindo a orde natural, son os nenos os que lles anuncian aos maiores que lles agardaría se volveran á nenez: volver gozar das pequenas cousas, sen convencións nin prexuízos. Se queres ver o libro por dentro pica aquí. Ler máis…
Arianna Papini (ilustración) Manuela Rodríguez (tradución) Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos… as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais. Para ver o interior pica aquí. Ler máis…
Partiron a cabalo cara ao sur, fuxindo dun futuro predeseñado. Ás peripecias da viaxe, súmase unha historia de amizade que transcorre na fronteira, o símbolo do desarraigamento. Unha obra emblemática da literatura contemporánea, levada á gran pantalla. Se queres ver parte do libro pica aquí. Ler máis…
Aaron Frisch (texto) Roberto Innocenti (ilustración) Carlos Heras Martínez (traducción) Versión moderna del clásico de Caperucita Roja en la que Sofía, hasta llegar a la casa de su abuela enferma, ha de cruzar una gran ciudad llena de atractivos… y peligros. Con unas ilustraciones que invitan a perderse en todos sus detalles y sus mensajes críticos. Se queres ver [...] Ler máis…
Con muchas dosis de humor e ironía, estas viñetas mudas reflejan las peripecias del amor que, además de mordiscos, también pueden deparar dentelladas. Se queres ver o interior pica aquí. Ler máis…
Libraría Aira das Letras - Emilia Pardo Bazan, 5 baixo - 32660 Allariz (Ourense) - - Aviso Legal
Ilustración: Jesus E. Minguet (Saxo) e Alfredo Bravo - Desenvolvemento web: Bandua Net Sitio web feito con WordPress e Atahualpa. WordPress é Software Libre baixo licenza GNU/GPL.