Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa: Mago Rosa conseguira facer unha bolsa de coiro que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC! (unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica) Logo de moitos experimentos, este mago monocromático atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, que non tarda en aplicar ao Mago Amarelo, porque non [...] Ler máis…
Unha mañá, a gata Benita espertou sobresaltada ao oír que a señora Xulia chamaba por ela: —Benita…! Beeniitaa…! Beeeniiitaaa…! Onde estás, que non escoito o teu cascabel? Ao escoitar os gritos da señora Xulia, Benita erguese; pero, ao empezar a camiñar, descobre que non soa o clinclín e, consecuentemente, cae na conta de que perdeu o cascabel. Así comeza esta divertida historia de Pablo [...] Ler máis…
Un neno estaba co seu avó, mirando o mar desde una rocha. De súpeto, o neno dixo: —Avó, non me gusta esta rocha… Qué pasa se un barco pirata aparece polo horizonte? TEÑO MEDO! O avó, lonxe de burlarse desta ocorrencia ou negar tal probabilidade, ofrécelle unha solución rápida para resolver a situación: Non pasa nada! Se aparece un barco pirata, detrás [...] Ler máis…
Pouco a pouco, Martín saíu do seu agocho. A catro patas, para que non o visen, avanzou cara o cuarto de mamá e papá. Quería contarlles a súa aventura de cabo a rabo! A porta estaba estrañamente pechada. Apegouse a ela para investigar e escoitou: papá respiraba cansado, como cando ía ao monte. E mamá, tamén. Vaia! Saíulles una montaña na cama! Esta incursión nocturna á [...] Ler máis…
Había unha vez un galiño que só pensaba en comer. Pasaba o día buscando comida e tragando todo o que atopaba. Esta afirmación non é hiperbólica. Galiño Pelado engulía literalmente todo o que atopaba ou entorpecía o seu camiño. No entanto, unha mañá viu un papeliño e, cando o ía papar, leu o que poñía: O rei daríalle un [...] Ler máis…
Todos os días Diona víñame buscar ao saír da escola e levábame a súa casa que estaba enriba da miña Pasabamos alí a tarde xuntos, porque mamá traballaba ata as oito. Ao principio, a súa casa non me gustaba, porque só había unha mesa longa, unha cadeira coxa, unha cama dura e un reloxo parado. Pero, pouco a pouco, empezouse a encher, porque, cada día, Diona chegaba con algo novo. Co álbum [...] Ler máis…
OQO filmes Nove relatos tradicionais e contemporáneos do catálogo da editorial poden ser gozados desde XA! tamén en audiovisual, un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos. Deste xeito, OQO reafirma a súa aposta polas boas historias que merecen ser contadas, sexan en libro ou en filmes. Amosamos así que ambas as linguaxes non [...] Ler máis…
Series: Recursos Didácticos en Galego – Papel Texto de Juan Alfonso Belmontes Ilustracións de Evelyn Daviddi Andaba soa polo prado. Remoía noite e día, día e noite. Todos estaban preocupados: —Se segue así de revirada… a vaca Condesa vai perder a cabeza! Alarmados pola situación, todos os amigos da vaca Condesa se reúnen e deciden elixir o merlo como interlocutor e que sexa [...] Ler máis…
Texto de Susanna Isern Ilustracións de Marjorie Pourchet Oso vivía no bosque. O que máis lle gustaba era andar de paseo, botar unha soneca ao pé do lago e coleccionar cousas que atopaba entre as árbores. Un día apareceu un ganapán no alto dunha rama. —Que podería facer con isto? As aparencias enganan. Ao contrario do que poida parecer, nada teñen que temer [...] Ler máis…
Texto de Beatriz Montero Ilustracións de Raúl Nieto Guridi O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta: Din-don! Din-don! Non había ninguén. Deixou a carta no chan… … e baixou, baixou, baixou pola escaleira. Esta acción repítena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban [...] Ler máis…
Libraría Aira das Letras - Emilia Pardo Bazan, 5 baixo - 32660 Allariz (Ourense) - - Aviso Legal
Ilustración: Jesus E. Minguet (Saxo) e Alfredo Bravo - Desenvolvemento web: Bandua Net Sitio web feito con WordPress e Atahualpa. WordPress é Software Libre baixo licenza GNU/GPL.