Unha novela de non ficción que mudará a visión sobre o nacionalismo galego. Novela de espías…, espiados. Non só relata os métodos que utilizan dentro da organización, senón que descobre os «infltrados» que, desde dentro,xogaron un papel central. Ler máis…
Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a [...] Ler máis…
A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz [...] Ler máis…
A Arte da Guerra de Sun Zi “A arte da guerra” de Sun Zi é unha versión bilingüe, en chinés e galego, sendo esta última realizada por Xulio Ríos, director do IGADI e do Observatorio da Política China (OPCh). Trátase dun destacado clásico escrito a finais do século VI antes da nosa era que constitúe o [...] Ler máis…
Tradución do inglés de Eva Almazán Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a [...] Ler máis…
Tradución do inglés de Rafael SalgueiroJohn é un neno de dez anos que vive en Worcester, unha pequena localidade ao norte de Cidade do Cabo, cunha nai pola que sente un complexo amor-odio, un irmán pequeno e un pai que detesta. Na escola é o primeiro da clase, un alumno modélico; na casa, un pequeno [...] Ler máis…
A Fundación Vicente Risco publica o epistolario entre Teixeira de Pascoaes e Vicente Risco. Obra na que se recolle a correspondencia mantida entre ambos intelectuais ao longo da década do 1920. A edición, realizada en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, inclúe a reprodución da correspondencia acompañada da correspondente transcrición, así como dous estudos introdutorios responsabilidade [...] Ler máis…
Editado pola Fundación Galiza Sempre o libro analiza, entre outros asuntos, o grao de converxencia e diverxencia económica na UE, as consecuencias da desregulación do sector financeiro e a política de competencia, rematando con propostas para unha outra Europa. Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, afirma na introdución que “a [...] Ler máis…
Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Picando aquí podes ler algunha páxina do libro. Ler máis…
A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios. Picando aquí podes ver o libro por dentro. Ler máis…
Libraría Aira das Letras - Emilia Pardo Bazan, 5 baixo - 32660 Allariz (Ourense) - - Aviso Legal
Ilustración: Jesus E. Minguet (Saxo) e Alfredo Bravo - Desenvolvemento web: Bandua Net Sitio web feito con WordPress e Atahualpa. WordPress é Software Libre baixo licenza GNU/GPL.