Ola, amigos.
A partir de agora este será o formato no que vos enviaremos as nosas comunicacións. Agardamos que sexa do voso agrado.
Lembrade que esta fin de semana hai os seguintes eventos
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A historia secuestrada polo franquismo” por Manuel Monge
O venres 15, ás 20:30h., na Fundación Vicente Risco. Neste enlace tedes máis información. http://www.esculca.net/web/node/2716
ENCONTRO CON MIGUELANXO PRADO
O próximo sábado 16, ás 20:30h., na Fundación Vicente Risco, Miguelanxo Prado presentará a tradución ao galego dunha das súas mellores obras "Trazo de Xiz" e falaranos do seu proceso de creación.
Picando aquí tedes máis información sobre esta Novela Gráfica.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “FESTA DO BOI” DE ROMÁN NÓVOA.
Inauguración sábado ás 17:00 na Fundación Vicente Risco. Para máis información pica aquí
CONCURSOS
O próximo mes poremos en marcha os concursos de ilustración e de micro-relato. Crearemos na web un sistema de rexistro para que poidades colgar, vós mesmos, as narracións. No caso do concurso de micro-relato o tema será: O xigante de Magarelos.

















- 